jueves, 21 de febrero de 2008

"OS MÁIS PEQUENOS TAMÉN XOGAN..." TORNEO INTERNACIONAL BENXAMÍN MIXTO

 

O próximo domingo 16 de marzo do 2008 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza o III Torneo Internacional Benxamín Mixto no Colexio Seis do Nadal de xeito paralelo ao VIII Torneo Internacional Caixanova de Minibásqueet "25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo".

 

Neste torneo de categoría benxamín mixto participarán o Seis do Nadal Masculino, o Seis do Nadal Feminino, o G.D. Gafanha (Portugal) e o Canteiras Porriño (O Porriño).

 

Este torneo que se celebrará nas instalacións do Colexio Seis do Nadal na mañá do domingo 16 de marzo se xogará en dúas semifinais a partir das 10:00 horas para despois disputar o partido polo 3º e 4º posto e a final. A pesar desta clasificación o obxetivo do torneo e ofrecerlle aos deportistas unha xornada de convivencia e de diversión xogando ao baloncesto.

 

Toda a información e os horarios desta terceira edición do Torneo Internacional Benxamín Mixto os podedes consultar no espacio web do VIII Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet "25 Anos en Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" ou pulsando aquí.