
O próximo domingo 24 de febreiro ás 16:30 horas no Pavillón Municipal de Baiona terá lugar un novo adestramento da Preselección Viguesa Preinfantil Feminina nesta tempada 2007-08.
As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convocadas para realizar este novo adestramento da Preselección Zonal son Irea González do Alevín Feminino "A", adestrada por Marcos López; e Celia Pérez do Infantil Feminino "A", adestrada por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte ás nosas xogadores e queremos animarlles a que aproveiten esta nova convocatoria á que foron preseleccionadas.
