Esta semana comeza a loita polo título da Liga DVB 2007-08 de categoría Júnior Masculina. Nesta segunda fase da tempada se fará un grupo formado por seis equipos (os tres primeiros de cada grupo da primeira fase) e se xogará a unha soa volta.
Na primeira parte desta competición o Seis do Nadal "A", adestrado por Miguel Ángel Simón, competiu no grupo A e conseguiu a terceira posición que lle garantizaba o pase a esta segunda fase. A clasificación final deste grupo A foi:
1º- C.B. Mario Puentes - Baiona
2º- ATV Telecomunicaciones Vigo
3º- Seis do Nadal "A"
4º- Canteiras "B"
5º- C.B. Tui Seta "A"
No grupo B, grupo no que estaba encadrado o Seis do Nadal "B", adestrado por Sergio González e Carlos Rodríguez, o noso equipo conseguiu a primeira posición, feito que lle garantizaba o pase para a loita polo título de Liga. A clasificación final deste grupo B foi:
1º- Seis do Nadal "B"
2º- Apóstol
3º- C.B. Tui Seta "B"
4º- Salesianos
Esta fin de semana do 1 e 2 de marzo comeza a segunda fase da Liga DVB Júnior Masculina na que seis equipos (Seis do Nadal "A", C.B. Mario Puentes Baiona, ATV Telecomunicaciones Vigo, Seis do Nadal "B", Apóstol e C.B. Tui Seta "B") se xogarán o campionato. O Seis do Nadal "A" comeza esta fase visitando ao Apóstol e o Seis do Nadal "B" recibe ao ATV Telecomunicaciones Vigo.
Para consultar o calendario desta segunda fase da Liga DVB Júnior Masculina soamente tedes que pulsar aquí.


