viernes, 29 de febrero de 2008

OS NOSOS XOGADORES E XOGADORAS COAS PRESELECCIÓNS ZONAIS 2008

PRESELECCIÓN ZONAL PRECADETE MASCULINA

O próximo xoves 6 de marzo do 2008 ás 19:15 horas da tarde terá lugar nas instalacións do Colexio Apóstol Santiago unha nova convocatoria da Selección Zonal Precadete Masculina nesta tempada 2007-08.

Os xogadoras preseleccionados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para esta convocatoria son Pablo Bernal e Adrián Ramos do Cadete Masculino "B", adestrados por Enrique Celeiro e Albert Tomas.

PRESELECCIÓN ZONAL PRECADETE FEMININA

O próximo domingo 2 de marzo do 2008 ás 19:00 horas da tarde terá lugar nas instalacións do Colexio Seis do Nadal unha nova convocatoria da Selección Zonal Precadete Feminina desta tempada 2007-08.

Do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia asistirá a este novo adestramento Lara Espantoso do Infantil Feminino "A", adestradas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.

PRESELECCIÓN ZONAL PREINFANTIL MASCULINA

O próximo domingo 2 de marzo do 2008 ás 18:30 horas da tarde terá lugar nas instalacións do Instituo Hispanidad unha nova convocatoria da Preselección Zonal Preinfantil Masculina nesta tempada 2007-08.

Nesta convocatoria os xogadoras preseleccionados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para realizar este adestramento son Álvaro Gómez, Miguel Oújo e Andrés Pérez do Infantil Masculino "B", adestrados por Pablo García "Picher".

PRESELECCIÓN ZONAL PREINFANTIL FEMININA

O próximo domingo 2 de marzo ás 16:45 horas no Instituo do Castro en Hispanidad terá lugar un novo adestramento da Preselección Viguesa Preinfantil Feminina nesta tempada 2007-08.

Do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia está convocada para realizar este novo adestramento da Preselección Zonal Celia Pérez do Infantil Feminino "A", adestrada por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.

PRESELECCIÓN ZONAL PREALEVÍN MASCULINA

O próximo domingo 2 de marzo do 2008 terá lugar no Colexio Seis do Nadal ás 17:00 horas da tarde unha nova convocatoria da Preselección Viguesa Minibásquet Masculina dirixida polo noso coordinador e adestrador Sergio González axudado pola nosa adestradora Mónica Vila nesta tempada 2007/08.

Os xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convocados a este adestramento da Preselección Zonal son Borja Astray do Benxamín Masculino (Ópticas A&B Seis do Nadal) e Adrián López, Mario Álvarez e Hugo López do Alevín Masculino "B" (Seis do Nadal "B").