Neste comezo de ano, no que se conmemoran "25 Anos de Historia" da entidade e aproveitando dito aniversario, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia realizará a presentación oficial da temporada 2007-08. Nesta presentación oficial o club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas súas escolas deportivas, reunindo deste xeito a máis de 400 deportistas.
Dita presentación oficial terá lugar o próximo domingo 27 de xaneiro a partir das 17:00 horas no Colexio Seis do Nadal. Neste acto realizarase un desfile de tódolos equipos que conforman o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, faranse fotos de equipo conmemorando o 25 aniversario e unha foto de grupo, ademais da presentación da entidade nesta temporada 2007-08 a tódolos medios de comunicación e a tódala familia do deporte da canastra e da cidade de Vigo.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia invitamos a tódolos interesados a asistir a esta presentación oficial da nosa entidade, entidade que celebra o seu 25 aniversario e que ano tras ano segue crecendo e apoiando ao deporte base na nosa cidade.

