O equipo Alevín Masculino “A”, Autoescuela Coya Celso Emilio Ferreiro, adestrado por Pablo Álvarez, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foi invitados ao IV Torneo de Minibásquet Vila de Marín 07 organizado polo Marín Peixe Galego Básquet. Este torneo terá lugar o próximo día 22 de Decembro do 2007 no Pavillón de A Raña.
Esta cuarta edición do torneo contará con 8 equipos participantes: Marín Peixegalego (Marín), Colexio Agustinos (León), Estudiantes Fundación Balogal (Lugo), Salesianos COB (Ourense), Básquet Coruña (A Coruña), Seis do Nadal (Vigo), Básquet Porriño (O Porriño), GD Basquete Leça (Portugal).
O programa do IV Torneo de Minibásquet Vila de Marín 07 é o seguinte:
10:00 horas - Benvida e Recollida de Material.
10:15 - 13:30 horas - Primeira Fase (4 xornadas).
13:45 - 15:30 horas - Comida / Descanso.
15:45 horas - Primeira Fase (Continuación, 2 xornadas)
17:30 horas - Concursos (2 ball e triples).
18:30 horas - Terceiro e Cuarto Posto.
19:30 horas - Final.
20:30 horas - Cerimonia de Clausura.
A primeira fase constará de 2 grupos de 4 equipos e se xogará co formato “todos contra todos” e en 4 contra 4. Deste xeito o segundo do grupo A e o segundo do grupo B xogarán polo terceiro e cuarto posto; e o primeiro do grupo A e o primeiro do grupo B disputarán a final do torneo que se xogará en 5 contra 5.
