domingo, 9 de diciembre de 2007

BALONCESTO PARA ADULTOS NO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

 

Xa é toda unha tradición no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia o equipo de adultos. Este equipo comezou como un equipo de pais e nais dos xogadores/as do club, pero pouco a pouco foise extendendo e comezaron a anotarse familiares, amigos e colaboradores da entidade.

 

Nesta temporada 2007-08 o equipo de adultos adestra os martes de 20:00 a 21:30 h. no Colexio Celso Emilio Ferreiro e os venres de 20:30 a 22:00 h. no Colexio Seis do Nadal.

 

Todos aqueles que estedes interesados en formar parte nunha tradición do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia como é o equipo de adultos, non dubidedes en pasar por algún dos adestramentos do equipo ou en contactar cos Coordinadores Deportivos.