
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia volve a organizar nestas vacacións de Nadal o II Campus de Inverno 2007 "Xornadas de Tecnificación". Despois do éxito da pasada edición a entidad non podía deixar pasar a oportunidade de volver a celebrar estas xornadas de perfeccionamento técnico.
O Club busca nestas xornadas reforzar o traballo de técnica individual dos nosos deportistas, fundamentalmente en idades óptimas para a formación.
Este II Campus de Inverno 2007 "Xornadas de Tecnificación" terá lugar os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro do 2008 no Colexio Seis do Nadal e no Colexio Eijo Garay. Estas xornadas terán lugar polas mañás entre as 10:00 e as 13:30 horas. Poderán inscribirse nestas xornadas tódolos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia de categoría benxamín (1999) a categoría cadete (1992). O prezo deste campus é de 25 euros por participante.
Ofértanse 72 prazas que se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figura no ingreso). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista), antes do venres 21 de decembro do 2007, ao correo electrónico: baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com ou ao número de fax: 986227275.
Podedes descargar o folleto do II Campus de Inverno "Xornadas de Tecnificación" pulsando aquí.
