miércoles, 12 de diciembre de 2007

I BABY CAMPUS DE INVERNO 2007 DE INICIACIÓN AO DEPORTE

Despois do éxito do I Baby Campus de Iniciación ao Deporte 2007 celebrado no pasado verán, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza nestas vacacións de Nadal o I Baby Campus de Inverno de Iniciación ao Deporte 2007.

Este I Baby Campus de Inverno 2007 terá lugar entre os días 26 e 29 de decembro (ambos inclusive) e está dirixido a rapaces e rapazas de 3 a 7 anos nacidos entre os anos 2000 e 2004. O campus levarase a cabo nas instalacións do Colexio Seis do Nadal (ximnasio, aula de xogos, pavillón deportivo, aula de psicomotricidade, ...) a partir das 10:00 horas e ata as 14:00 horas. O prezo deste Baby Campus de Inverno será de 60 euros (50 euros para alumnos do CEIP Seis do Nadal)

As actividades que se desenvolverán neste I Baby Campus de Inverno irán dirixidas ao predeporte, á coordinación psicomotriz, á iniciación en diferentes modalidades deportivas (baloncesto, balonmán, hochey, volleyball, fútbol, ...), e moitas outras. Estas actividades serán dirixidas por monitores de tempo libre, diplomados en Educación Física, técnicos en animación físico-deportiva e adestradores do Club Baloncesto Seis Nadal.

A data límite de inscripción será o día 20 de decembro do 2007. Para inscribirse tan só e necesario cubrir a folla de inscripción e enviala xunto ao xustificante de pago, a fotocopia da cartilla da seguridade social e o DNI ou libro de familia do nen@, antes do xoves 20 de decembro, ao correo electrónico baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com ou ao número de fax 986-227275.

Podedes descargar a folla de inscripción pulsando aquí.