.
O pasado xoves 4 de outubro unha representación dos pupilos de Tito Díaz do Gestibérica Vigo acudiu ao Colexio Seis do Nadal de Coia para manter un encontro cos alumnos e alumnas do centro. A visita contou, de xeito especial, coa participación dun ex-alumno deste centro que agora forma parte das filas do Gestibérica, o alero vigués Fernando Vidal, acompañado nesta ocasión polo escolta porriñés Nando Pérez e polo pívot checo Daniel Dousa.
.
Os máis de 400 alumnos e alumans do Colexio Seis do Nadal, desde os estudiantes de educación especial ata os de sexto de primaria, mostráronse entusiasmados pola visita dos xogadores e, despois das obligadas presentacións, quixeron coñecer un pouco máis a fondo aos baloncestistas, os cales contestaron encantados a tódalas súas preguntas.
.
Acto seguido, os xogadores realizaron unha pequena exhibición con lanzamentos e mates, especialmente aplaudidos e animados os de Fernando Vidal, antes de xogar un partidillo cos propios alumnos e alumnas do centro. As fotos de recordo, o reparto de invitacións para asistir ao próximo partido do venres 9 de outubro e a firma de autógrafos puxeron fin a unha visita que fixo as delicias dos pequenos estudiantes.
.
Así, deste xeito, para o partido do próximo venres 9 de outubro que enfrentará ao Gestibérica Vigo ante o Ciudad Torrealta Molina en As Travesas ás 21:00 horas, acudirán os equipos Benxamín Masculino, adestrado por Carlos Rodríguez e David Rodríguez, e o Alevín Feminino "B", adestrado por Aali Mohamed, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para acompañar aos xogadores vigueses na presentación e para disputar partidos amigables nos descansos e tempos mortos.


