O pasado sábado 29 de setembro visitaban as nosas terras e as nosas instalacións o equipo Sénior Masculino do GDG Basquetebol (Gafanha - Portugal) para xogar un partido amigable contra o noso equipo de categoría sénior.
.
O encontro tivo lugar ás 20:00 horas nas instalacións do Colexio Seis do Nadal e tivo a finalidade de preparar ao equipo Sénior Masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Francisco García, de cara ao inicio da temporada nunha competición de alta esixencia e constancia como é a Liga DVB División "A". A reunión preparatoria para esta competición será o próximo martes 2 de outubro ás 20:00 horas na Delegación Viguesa de Baloncesto.
.
Deste xeito, os nosos rapaces disputaron un partido moi igualado contra o equipo portugués e puideron evaluar a súa preparación de cara ao inicio próximo da temporada, así como levar á práctica as súas estratexias e movementos sobre a pista.


