miércoles, 12 de septiembre de 2007

NOVAS UTILIDADES DO ESPACIO WEB DO C.B. SEIS DO NADAL - COIA

Neste novo espacio web do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, que xa leva máis dunha semana dispoñible, poderedes atopar novas utilidades e facilidades, tales como un novo álbum de fotos e un amplo apartado de enlaces.
 

 

No menú da dereita desta páxina web poderedes atopar un enlace titulado "ÁLBUM DE FOTOS". Premendo neste enlace poderedes acceder a un novo formato de hospedaxe das fotos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. A modo de álbum poderedes atopar tódalas fotos organizadas, ordeadas e clasificadas por temas e por eventos.
 
Xa están dispoñibles as fotos das Xornadas de Formación para adestradores, do III Campus de Baloncesto Seis do Nadal 2007, da Liga Interna de Colexios 2007 (LINCO 2007), do Torneo Internacional de Minibásquet 2007, e tamén as fotos do Arquivo Histórico do C.B. Seis do Nadal - Coia.
 

 

E outra das novas utilidades é un apartado con numerosos enlaces a páxinas webs doutros clubs de baloncesto galegos, a a outras páxinas webs de interese relacionadas co deporte da canastra e co Club Baloncesto Seis do Nadal e o barrio de Coia. Estes enlaces os poderedes atopar no menú da dereita baixo o título "ENLACES DE CLUBS GALEGOS" e "ENLACES DE INTERESE".
 
Se coñecedes algunha outra páxina web dalgún club de baloncesto galego ou algunha outra páxina web relacionada co baloncesto e co noso club, non dúbidedes en deixar un comentario nesta entrada coa dirección que queredes que apareza na nosa lista de enlaces.