Jorge Martínez, na nova temporada 2007-08 dirixirá ao Benxamín Feminino ademais de dirixir tamén ao Infantil Feminino "A".
.
Na temporada 1997/98 Jorge incorporouse ao staff técnico do Seis do Nadal como adestrador, despois de ser xogador do club durante moito tempo. Pasados moitos anos, este adestrador continua pertencendo á mesma entidade que lle deu a oportunidade de adentrarse no mundo da canastra.
.
O equipo Benxamín Feminino estará formado por xogadoras nacidas nos anos 1998 e 1999. Este equipo traballará durante todo o ano para que tódalas rapazas se formen practicando baloncesto ao mesmo tempo que aprenden as habilidades e as cualidades deste deporte. Este grupo comezará a adestrar o martes 25 de setembro ás 17:30 horas no Colexio Seis do Nadal.
.
TRAXECTORIA NO CLUB:
- Desde a temporada 1997-98 ata a actualidade.
- TEMPORADA 2006-07: Alevín Feminino "A" e Infantil Feminino.
- TEMPORADA 2005-06: Alevín Feminino "B".
