domingo, 23 de septiembre de 2007

CARLOS RODRÍGUEZ SERÁ O RESPONSABLE DO BENXAMÍN MASCULINO

Carlos Rodríguez, nesta temporada 2007-08, ademais de ser o adestrador axudante do Xuvenil Masculino "B" e adestrador de escolas deportivas, tamén será o responsable do Benxamín Masculino.
.
Carlos comezou a adestrar no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia fai dous anos na temporada 2005-06. O ano pasado adestrou ao Benxamín Masculino facendo unha gran labor e conseguindo unha correcta formación integral dos xogadores do grupo. Este ano volve a adestrar a este equipo no que será o seu último ano como xogadores de categoría benxamín.
.
O Benxamín Masculino estará composto na súa gran maioría por xogadores nacidos no ano 1998 e comezará os adestramentos o próximo luns 24 de setembro ás 16:00 horas no Colexio Seis do Nadal. Esperamos que este ano sexa outro ano de traballo, de diversión e de formación para tódolos rapaces do grupo que se están adentrando no deporte da canastra.
.
TRAXECTORIA NO CLUB:
- Desde a temporada 2005-06 ata a actualidade.
- TEMPORADA 2006-07: Benxamín Masculino "B" e escolas deportivas.
- TEMPORADA 2005-06: Benxamín Masculino e escolas deportivas.