miércoles, 19 de septiembre de 2007

XORNADAS DE PROMOCIÓN DO BALONCESTO

.

Durante esta semana estánse levando a cabo nas clases de Educación Física do CEIP Doutor Eijo Garay e do CEIP Celso Emilio Ferreiro "Xornadas de promoción do baloncesto" organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

En concreto, no CEIP Doutor Eijo Garay os adestradores do C.B. Seis do Nadal - Coia levan realizando estas sesións desde o inicio da semana: o luns 17 tocoulle o turno a clase de 6º de Primaria, o martes 18 disfrutaron destas xornadas os alumnos de 5º de primaria, onte mércores 19 practicaron baloncesto os estudantes de 4º de primaria e hoxe xoves 20 pechan estas xornadas de promoción a clase de 3º de primaria.

.

Por outra banda, o C.B. Seis do Nadal - Coia tamén levou a cabo estas xornadas de promoción do deporte da canastra no CEIP Celso Emilio Ferreiro. Deste xeito, o luns 17 de setembro a xornada foi dirixida a alumnos de 6º de primaria e o pasado martes 18 promocionouse o baloncesto ás clases de 5º, 4º e 3º de primaria.

.

Deste xeito o Club Balonceso Seis do Nadal - Coia pretende que tódolos alumnos e alumnas dos centros do barrio de Coia teñan coñecemento do deporte da canastra e que ademais poidan xogar e practicar este deporte preto do colexio onde cursan os seus estudos.