domingo, 17 de julio de 2022

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DE VERÁN 2022 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

Despois do éxito do Campus de Verán 2022 o Club Baloncesto Seis do Nadal xa ten preparada unha nova actividade: as Xornadas de Tecnificación de Verán..

Durante a semana do 1 ao 5 de agosto do 2022 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal as Xornadas de Tecnificación de Verán 2022 organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 17 anos, e con tódalas medidas impostas de seguridade e hixiene esixidas polas autoridades..

Este campus ofrecerá unha formación deportiva específica que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de perfeccionamento que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia. As sesións estarán centradas na mecánica de tiro, na técnica individual, na táctica colectiva e individual, na toma de decisións e na preparación física..

As xornadas se desenvolverán nas pistas do Colexio Seis do Nadal entre as 10:30 e as 13:30 horas. Non deixes escapar a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos teus mellores na nosa compaña. 

Poderán inscribirse nestas Xornadas de Tecnificación os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os e as deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2013) e ata júnior (nados no ano 2005). 

O prezo deste campus é de 85 euros por inscrición. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 65 euros. 

As prazas dispoñibles para as Xornadas de Tecnificación de Verán 2022 son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (tendo validez a data que figure en cada un dos comprobantes de pago). A inscrición desta nova edición das Xornadas de Tecnificación de Verán 2022 se fará a través do seguinte formulario web pulsando aquí.