jueves, 31 de marzo de 2022

VOLVE A LIGA LINCO, VOLVE A LIGA INTERNA DE COLEXIOS DO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA

Despois de dous anos... volve a Liga LINCO, volve a Liga Interna de Colexios organizada polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

Neste mes de marzo as pistas do pavillón de Navia recibirá aos nenos e nenas da competición escolar. A competición se xogará en sete xornadas, en sete vernes entre os meses de marzo e maio, para seguir aprendendo e mellorando.

A presentación da Liga LINCO 2022 tivo lugar na concellería de Deportes do Concello de Vigo. O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu a unha representación da nosa entidade para presentar a competición escolar e as novas camisetas de xogo.