sábado, 24 de julio de 2021

A NOSA XOGADORA SANDRA MARTÍNEZ ESTARÁ COA SELECCIÓN ESPAÑOLA U13 FEMININA EN ÍSCAR DO 1 AO 5 DE AGOSTO

Desde tódolos estamentos do Club Baloncesto Seis do Nadal estamos moi felices e contentos de poder informarvos da seguinte noticia..

A nosa xogadora Sandra Martínez (2009) foi convocada á concentración da Selección Española U13 Feminina que terá lugar en Íscar (Valladolid) do 1 ao 5 de agosto do 2021..

Parabéns á nosa xogadora, as súas compañeiras de equipo e a toda a entidade por este feito froito do traballo e da constancia nas categorías de formación!