lunes, 5 de noviembre de 2018

PINTUNOVA CONTINUARÁ ESTA TEMPADA 2018/2019 COMO COLABORADOR DO SEIS DO NADAL

(Membros da Xunta Directiva do club xunto ao Director de Pintunova)

.

A empresa Pintunova e o Seis do Nadal - Coia renovaron o acordo de colaboración para o presente curso 2018/2019, no cal a empresa galega de pinturas seguirá sendo, por segundo ano consecutivo, patrocinadora da entidade.

.

Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, visitaron as instalacións da tenda de Pintunova en Vigo, situada na Travesía de Vigo 185 baixo, para pechar xunto a Alberto Gómez, Director Comerial de Pintunova, o acordo de colaboración.

.

Un dos puntos deste acordo da colaboración é que o equipo Cadete Masculino "A" do club, que compite actualmente na Liga 1ª División Cadete Masculina 2018/19, levará o nome de Pintunova Seis do Nadal para o que resta de tempada.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para esta campaña. Moitas grazas pola súa colaboración!