viernes, 16 de diciembre de 2016

MOITAS GRAZAS AO GRUPO VIGUÉS DE HIP-HOP GROW AS OHANA POR XOGAR CON NÓS NA LIGA EBA!

.

(Momentos das exhibiciósn do grupo Grow As Ohana en Navia)

.

O grupo vigués de hip-hop Grow As Ohana vistiou ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia o pasado sábado día 10 de decembro do 2016 amenizando un novo partido de Liga EBA do noso equipo ante Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e a Presentación Oficial da presente tempada 2016/2017.

 

O polideportivo municipal de Navia viviu unha tarde de moito baloncesto: primeiro ás 18:30 horas disputouse a décima das xornadas da Liga EBA e ás 20:15 horas tivo lugar a tradicional Presentación Oficial dos preto de 700 integrantes da entidade na actual tempada. O grupo Grow As Ohana sumouse a esta tarde tan especial coas súas coreografías e exhibicións que fixeron as ledicias de todo o público que estaba alí presente.

.

 

 

(Máis fotografías do grupo Grow As Ohana durante as exhibicións)

 

GRAZAS POR XOGAR

CON NÓS NA LIGA EBA!