jueves, 13 de octubre de 2016

TOOLMAKER CONVÉRTESE EN NOVO SOCIO PROTECTOR DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

(Xogadores e adestradores do Infantil Masculino "A" e directivos da entidade xunto á Directora de Toolmaker durante a presentación)

.

Toolmaker, revista técnica de moldes, troqueles e empresas afíns da Península Ibérica, será un novo socio protector do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para o presente curso 2016/2017. Toolmaker pretende axudar as industrias do seu sector a fortalecer o canle de comuniación, creando sinerxias entre as empresas e profesionais.

 

(Patricia Suárez, Directora de Toolmaker presentando a súa revista)

.

O equipo Infantil Masculino "A", en representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, recibiu a visita de Patricia Suárez, Directora da revista Toolmaker, quen lle explicou aos xogadores e adestradores do equipo os contidos e as funcións da súa revista, primeira que se publica de xeito trimestral, impresa en español e portugués e que se distribúe en España, Portugal, Europa, México e Brasil.

 

(O equipo Infantil Masculino "A" coñecende ao novo socio protector do club)

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta revista no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para a presente campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.

 

(O Infantil Masculino "A" escoitando ás explicacións dos especialistas)