sábado, 9 de julio de 2016

OS ALEVÍNS "A" DO SEIS DO NADAL PARTICIPARON NA III JAMBOREE NACIONAL MINIBÁSQUET DE CLUBS

.

 

(Os equipos Alevín s "A", maculino e feminino, na III Jamboree))

.

Os equipos Alevín Masculino "A" e Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participaron na III Edición da Jamboree Nacional Minibásquet de Clubs que se celebrou do día 23 ao 26 de xuño nos pavillóns Restollal e Monte dos Postes de Santiago de Compostela e organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

En total participaron 32 equipos, 16 grupos masculinos e 16 femininos, chegadas a Santiago de Compostela desde Melilla, Navarra, Castela León, Asturias, Andalucía e Galicia.

 

O Alevín Masculino "A", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, adestrado por Silvia Caíño e Aldara Martínez, rematou na sexta posición a competición que gañou o PAS Piélagos de Asturias. O Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Illas Cíes, dirixido por Jorge Martínez e David Rodríguez, alzouse ata o terceiro posto do torneo que liderou o Bosco Salesianos de Ourense.