lunes, 6 de junio de 2016

O SEIS DO NADAL - COIA ORGANIZA POR CUARTA TEMPADA CONSECUTIVA O DÍA DO BENXAMÍN EN NAVIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza o próximo domingo día 12 de xuño do 2016 a xa Cuarta Edición do Día do Benxamín Vigo-Arousa nas instalacións e no exterior do pavillón municipal de Navia.

.

Un total de 23 equipos de categoría benxamín e procedentes da delegación de Vigo e da delegación de Arousa participarán no IV Día do Benxamín que organiza a entidade viguesa na recta final da presente tempada 2015/2016.

.

Nesta cuarta edición do Día do Benxamín participarán un total de 23 equipos dos cales 17 equipos pertencen á delegación de Vigo e 6 conxuntos pertencen á delegación de Arousa. Todos eles, sendo máis de 250 deportistas, protagonizarán unha gran festa do baloncesto que marcará o final da tempada.

.

O escenario do evento será o polideportivo municipal de Navia no que haberá cinco pistas no interior do pavillón. Nestas cinco pistas se xogarán 35 partidos de categoría benxamín ao longo da xornada da tarde do día 12 de xuño do 2016 entre as 16:00 e as 20:00 horas.