jueves, 30 de junio de 2016

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA XOGARÁ POR PRIMEIRA VEZ NA SÚA HISTORIA NA LIGA EBA

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará na próxima tempada 2016/2017 na Liga EBA por primeira vez na súa historia despois de conseguir  por segunda vez o ascenso deportivo na tempada 2016/2017.

.

A Xunta Directiva e a Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere agradecer especialmente o apoio do Concello de Vigo e das empresas privadas que apostaron polo noso proxecto deportivo desde un primeiro momento, un proxecto deportivo que reúne a preto de 700 deportistas.

 

Tamén queremos agradecer a tódolos xogadores e xogadoras, ás súas familias, aos amigos e amigas, e ao corpo técnico do club, o seu esforzo, dedicación e constancia na búsqueda dos recursos económicos necesarios, acción que fixo posible que poidamos seguir facendo historia no noso club formalizando o Ascenso á Liga EBA.

 

O proxecto deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia continúa medrando e seguemos escribindo páxinas da historia da entidade, polo que estamos obrigados a seguir traballando na búsqueda de recursos económicos que permita manter dito proxecto e dotalo das mellores condicións posibles.

 

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!

 

XOGA CON NÓS NA LIGA EBA!