lunes, 25 de abril de 2016

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O 16º TORNEO DE MINIBÁSQUET DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nesta tempada 2015/16 a 16ª Edición do Torneo de Minibásquet "Concello de Vigo" 2016, unha cita anual da nosa entidade coas categorías inferiores que se celebrará os próximos días 1 e 8 de maio do 2016.

.

Este o noso Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que cumpre xa a súa décimo sexta edición, reunirá nos próximos días 1 e 8 de maio a 24 equipos de Vigo, da comunidade autónoma de Galicia e de Castela León, xuntando a máis de 300 nenos e nenas e preto de 40 técnicos.

.

Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros o Pavillón Municipal de Navia contando cun total de catro pistas nas que se xogarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas. O domingo 1 de maio terá lugar a competición de categoría feminina, sendo o domingo 8 de maio o torneo para os equipos de categoría masculina.

.

Os doce equipos que participarán nesta nova edición en cada categoría buscarán revalidar o título que xa poseen nas súas mans o Giraldo CB (Arousa) e o Eduardo B. Amor (Ourense), campións feminino e masculino da pasada edición celebrada fai un ano.

.

Proximamente poderán consultarse nesta mesma páxina web os grupos de cada categoría, os calendarios de xogo e toda a información referente co 16º Torneo de Minibásquet "Concello de Vigo" 2016.