jueves, 12 de noviembre de 2015

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA COLABORA COA ACCIÓN SOLIDARIA "ELFOS Y CALCETINES"

..

A entidade Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia colabora tradicionalmente por estas datas sinaladas con diferentes accións solidarias que se realizan na cidade de Vigo. Nesta tempada 2015/2016 e desde a nosa entidade propoñemos a tódolos nosos integrantes unha nova campaña de Nadal: a acción solidaria "Elfos y Calcetines".

.

Esta iniciativa, que comezou na comarca de Vigo no pasado ano 2012, procura conseguir un único obxecitvo: que ningún neno/a se quede sen regalo de Nadal na mañá de Reis. Para conseguir o seu obxectivo esta acción solidaria conta coa colaboración de asociacións, centros sociais e organizacións sen animo de lucro; e a pasada tempada conseguiu levar un regalo a preto de 1.400 nenos e nenas de toda Galicia.

 

A colaboración con esta nova iniciativa solidaria require dun rexistro previo na páxina web www.elfosycalcetines.org. Unha vez rexistrados como novos "elfos" (a data límite para rexistrarse é o 22 de novembro), cada "elfo" terá asignado o seu "calcetín" (nenos e nenas que viven en casas de acollida, centros de menores ou forman parte de familias en riesgo de exclusión social) do cal recibirá unha carta cos seus desexos de Nadal.

 

Para entregar os regalos de cada "calcetín" se poderán deixar no Colexio Seis do Nadal en horario de oficinas ou entregalos ao adestrador/a que lle corresponda. Unha vez inscritos como novo "elfo" é importante adquirir o compromiso de cumprir co "calcetín" asignado. Un "elfo" sen compromiso é un "calcetín" sen regalo.

 

Desde a Xunta Directiva e a Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal animamos a tódolos membros da entidade (xogadores/as, adestradores/as, técnicos, familiares e amigos/as) a colaborar con esta acción solidaria.