viernes, 30 de octubre de 2015

O ALEVÍN FEMININO "A" DO CLUB DISPUTARÁ A FASE FINAL DA COPA GALICIA DE MINIBÁSQUET 2015/2016

(O Alevín Feminino "A" ao final dun dos partidos da Copa Galicia)

..

O equipo Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Jorge Martínez e David Rodríguez, disputará o próximo sábado día 31 de outubro do 2015 no pavillón Restollal en Santiago de Compostela a Fase Final da Copa Galicia de Minibásquet 2015/2016 en categoría feminina.

.

O Seis do Nadal "A" clasificouse para esta Fase Final despois de conseguir un balance de seis vitorias nos seis partidos disputados no Grupo "C" da Fase Previa da Copa Galicia. Tamén se clasificaron para a Fase Final os combinados de Peleteiro (Santiago de Compostela), La Academia Celta (Vigo) e Pío XII Fedesa (Santaigo de Compostela).

 

Os horarios que se seguirán durante a xornada do sábado día 31 de outubro do 2015 son:

 

- Peleteiro Vs Seis do Nadal "A" (Semifinal 1)

Hora: sábado 31 ás 10:30 h. Lugar: Pav. Restollal (Santiago)

 

- La Academia Celta Vs Pío XII Fedesa (Semifinal 2)

Hora: sábado 31 ás 12:30 h. Lugar: Pav. Restollal (Santiago)

 

- Perdedor Semifinal 1 Vs Perdedor Semifinal 2 (3º e 4º posto)

Hora: sábado 31 ás 16:30 h. Lugar: Pav. Restollal (Santiago)

 

- Gañador Semifinal 1 Vs Gañador Semifinal 2 (Final)

Hora: sábado 31 ás 16:30 h. Lugar: Pav. Restollal (Santiago)