lunes, 12 de octubre de 2015

GRAN REPRESENTACIÓN DO SEIS DO NADAL NA PRESENTACIÓN DO PROGRAMA SIAREIROS 2015/2016

(Deportistas e técnicos do Seis do Nadal xunto a Abel Caballero, Alcalde de Vigo, e Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo)

..

O Alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo Presidente da Fundación VIDE e Concelleiro de Deportes, Manel Fernández, deu o pistoletazo de saída á nova tempada do Programa Siareiros club e élite, que concentrou a tódolos clubs adscritos no pavillón de Navia.

 

Ante unha grande asistencia de deportistas, na que destacou a gran representación do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Abel Caballero dixo "sentirse moi orgulloso do deporte vigués cada vez que vou polo resto de España. Compráceme o traballo, o esforzo e os resultados dos nosos deportistas". Manel Fernández, pola súa banda, animou a que as entidades sigan traballando polo programa Siareiros.

 

 

(Máis fotos da Presentación da Campaña Siareiros da tempada 2015/2016)