viernes, 11 de septiembre de 2015

CELIA PÉREZ, EX-XOGADORA DO SEIS DO NADAL, ANTE UNHA NOVA EXPERIENCIA EN LONDRÉS

(Celia Pérez, xogadora número 11, na tempada 2007/2008 do Seis do Nadal)

..

Celia Pérez, ex-xogadora do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, comezará este novo curso 2015/2016 un novo camiño en Londrés. A xogadora viguesa foi becada pola Universidade londinense New Bucks na que estudiará "Sports Therapy" e xogará no combinado Bucks Univeristy na Women´s League.

.

A súa formación como xogadora de baloncesto pasou polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, xogando tamén no Rivas Ecopolis (Madrid) e no CD Covibar (Madrid) nesta última tempada 2014/2015.

.

(Celia Pérez, xogadora número 19, na última tempada no CD Covibar)

.

Celia Pérez, súmase ao grupo de xogadores e xogadoras que tras militar no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, vivirán unha nova experiencia académica e deportiva fora do país en universidades que combinan a importancia dos estudos e da práctica deportiva. Moita sorte nesta nova experiencia!