domingo, 23 de agosto de 2015

THE NEW DREAM TEAM, LOS MONCHITOS E UNIÓN PENOSA, NOVOS CAMPIÓNS DO 5º TORNEO 3X3

(Los Monchitos, equipo campión da categoría infantil/cadete do Torneo 3x3)

..

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizaou os pasados días 21 e 22 de agosto do 2015 a Quinta Edición do seu Torneo de Baloncesto 3x3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal no barrio de Coia, pistas que levan todo o mes de agosto sendo o escenario dos primeiros adestramentos da tempada dun gran número de equipos da entidade viguesa.

 

Esta nova edición do torneo contou cun total de 47 equipos inscritos (4 equipos de minibásquet, 19 equipos de categoría infantil/cadete e 24 de categoría júnior/sénior) superando así os 37 equipos inscritos na tempada pasada 2013/2014. Na tarde do venres día 21 de agosto do 2015 saltaron á pista os equipos de categoría minibásquet, infantil e cadete; sendo na xornada do sábado día 22 de agosto o turno da competición de categoría júnior e sénior.

 

(The New Dream Team, combinado campión da categoría minibásquet)

 

Máis de 200 xogadores e xogadoras participaron no Torneo 3x3 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Happys, Vigo Bulls, Chocoteam, Los Benancios, Composwin, Básket Dead, Teen Beach Básket, Los Peta-Zeta, Bákset Danger, Meu Rei, Pam Pam, Ladies 23, Kitapena e Persebeiros foron o nome dalgúns dos equipos que participaron no torneo.

 

Despois da disputa dos preto de 120 partidos os conxuntos campións desta quinta edición foron The New Dream Team en categoría minibásquet, Los Monchitos en categoría infantil-cadete; e o equipo Unión Penosa en categoría júnior-sénior. Os combinados subcampións das tres categorías foron Liada, Chocoteam e Sangra Bonito.

 

(Unión Penosa proclamáronse campións da categoría júnior-sénior)

 

TODAS AS IMAXES DO

TORNEO 3X3 2015

PULSANDO AQUÍ