(Alberto Abalde, padrino do 5º Torneo 3x3 do club, á dereita da imaxe)
..
O xogador do FIATC Joventut da Liga ACB e padrino do 5º Torneo de Baloncesto 3x3 organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia,Alberto Abalde, que xa foi internacional coas seleccións U17, U18 e U20 e que acadou a medalla de bronce no Europeo U18 do 2013 e dúas medallas de prata nos Europeos U20 2014 e 2015, foi convocado polo seleccionador nacional, Sergio Scariolo, para completar o traballo colectivo nos últimos adestramentos da Selección Española previos ao Eurobásket.
Desde tódolos estamentos do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia dámoslle a noraoba por esta convocatoria coa Selección Absoluta a Alberto Abalde que neste verán foi o padrino da Quinta Edición do noso Torneo de Baloncesto 3x3.