jueves, 13 de agosto de 2015

ABEL CABALLERO, ALCALDE DO CONCELLO DE VIGO, APOIA AO SEIS DO NADAL - COIA NO 5º TORNEO 3X3

(Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo, e Manel Fernández, Concelleiro de Deportes, apoian ao Seis do Nadal - Coia no 5º Torneo 3x3)

.

O Alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo Concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu na Alcaldía a Concepción Martins, Presidenta do C.Bc. Seis do Nadal - Coia, ao Directivo Ramón Román e ao Coordinador Deportivo da entidade, Sergio González; que acudiron en todo momennto acompañados polo xogador de dous metros e do Joventut de Badalona Alberto Abalde.

.

O motivo da visita do club de Coia á Alcaldía foi explicar ao rexedor os pormenores do vindeiro evento organizado por "tan activo club", tal como definiu Abel Caballero ao Seis do Nadal; o 5º Torneo de Baloncesto 3x3, presentando no mesmo acto ao padriño do torneo, o internacional e galego Alberto Abalde.

.

Abel Caballero confesou aos directivos do club e a Abalde que o baloncesto resúltalle "un deporte estresante" polo continuado cambio de marcador que conleva máxima tensión e emoción, "do mesmo xeito que o tenis", dixo. Nun encontro moi cordial, o xefe do goberno vigués desexou ao xogador da Penya que continúe pola actual liña de éxitos e preguntoulle ademais pola súa estatura, posición na cancha e as horas de adestramento.

 

O Alcalde e o Concelleiro de Deportes amosaron o seu pleno apoio ao evento, que se disputará  nas pistas do Colexio Seis do Nadal o venres 21 de agosto nas categoría minibásquet e infantil/cadete, e o sábado 22 en categoría júnior/sénior.

 

(Un momento do encontro entre o Alcalde de Vigo, a dirección do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e Alberto Abalde, padriño do Torneo 3x3)