lunes, 6 de julio de 2015

DAVID NAVARRO, XOGADOR DO MORABANC ANDORRA DA LIGA ENDESA, VISITOU O CAMPUS 2015

(David Navarro co grupo de categoría alevín do Campus de Verán)

.

David Navarro, xogador catalán do MoraBanc Andorra da Liga Endesa, visitou esta mañá a tódolos rapaces e rapazas participantes no 14º Campus de Verán 2015 "Xornadas de Tecnificación" que organiza o club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nas instalacións do Colexio Seis do Nadal.

 

David Navarro militou no último curso 2014/2015 no MoraBanc Andorra da Liga Endesa despois de ser na tempada 2013/2014 campión da LEB Oro e conseguir o ascenso á maior categoría nacional. Nas anteriores campañas David Navarro militou no Blancos de Rueda Valladolid da Liga Endesa (2012/2013), no Menorca Básquet de LEB Oro (2011/2012) e na Liga ACB co Power Electronics Valencia (2010/2011), equipo co que iniciou o seu camiño na máxima categoría e co que incluso disputou partidos da Euroliga.

 

Os nenos e nenas inscritos no Campus de Verán 2015 tiveron a oportunidade de compartir unha mañá con David Navarro, xogador que se converteu no líder do MoraBanc Andorra este curso e que recentemente renovou por dúas tempadas máis. David Navarro contoulle a súa experiencia a tódolos inscritos, os cales tiveron a oportunidade de facerlle preguntas sobre a súa traxectoria.

 

(David Navarro asinando autógrafos a tódolos inscritos no campus)

 

Máis fotos da visita de David Navarro