jueves, 18 de junio de 2015

CEA-CONVIVENCIA DE FINAL DE TEMPADA 2014/2015 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

Estimados pais e nais dos xogadores/as:

.

Unha tempada máis o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia vai a organizar unha cea-convivencia co galo de despedir oficialmente a tempada 2014/2015. Dita celebración terá lugar o  próximo sábado día 27 de xuño do 2015 a partir das 22:15 horas no Hotel Coia.

.

O menú elixido para a cea-convivencia, coa que se pretende crear unha xornada de xuntanza de tódolos integrantes da entidade, é o seguinte:

.

MENÚ ADULTO

- Aperitivos Variados: empanada de zamburiñas, xamón con queixo, canapés artesáns, luras á romana, polbo á feira

- Entrecot á prancha con gornición de legumes e champiñóns ou rodaballo á prancha con patacas ao vapor

- Xeado de nata con chocolate quente

- Bebida, café e licores

 

MENÚ INFANTIL

- Aperitivos Variados: tacos de tortilla española, luras á romana, variedade de friames e xamón, croquetas

- Milanesa de polo con patacas fritas

- Xeados variados

- Bebida

 .

Para apuntarse á cea-convivencia pódese pasar polas oficinas do Colexio Seis do Nadal (Coia) nas seguintes datas:

 .

XOVES 28 DE MAIO: De 17:00 a 19:00 horas

MARTES 2 DE XUÑO: De 17:30 a 19:00 horas

XOVES 4, 11 E 18 DE XUÑO: De 18:00 a 21:00 horas

VENRES 19 DE XUÑO: De 17:30 a 20:00 horas

.

O club Club Baloncesto Seis do  Nadal - Coia convídavos e anímavos a todos/as a participar nesta cea-convivencia coa que se pretende despedir a tempada 2014/2015 que xa está tocando o seu fin.

.

Xunta Directiva e Dirección Deportiva

do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia