viernes, 12 de junio de 2015

ÁLEX MAZAIRA, XOGADOR GALEGO DO FC BARCELONA, VISITARÁ O CAMPUS DE VERÁN 2015 DO CLUB

(Álex Mazaria nun partido das categorías inferiores do FC Barcelona)

.

Álex Mazaira, xogador galego nado en Ourense e actualmente nas filas do FC Barcelona, visitará a tódolos nenos e nenas participantes no 14º Campus de Verán 2015 "Xornadas de Tecnificación" que organiza o club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nas instalacións do Colexio Seis do Nadal.

.

Álex Mazaira, xogador que chegou a La Masía en categoría cadete, disfrutou na actual tempada 2014/2015, como xogador júnior, de moitos minutos co filial blaugrana na LEB Plata, terceira categoría do baloncesto español; e tamén debutou na pasada campaña 2013/2014 na LEB Oro, segunda categoría a nivel nacional. Na tempada pasada 2013/2014 participou coa Selección Española U17 no Mundial de Dubai proclamándose cuartos do mundo e xa participou coa Selección Española U18 no Torneo de Gdansk (Polonia) no pasado mes de decembro.

 

Os nenos e nenas inscritos no Campus de Verán 2015 terán a oportunidade de compartir unha mañá con Álex Mazaira, un dos xogadores júnior con maior proxección do FC Barcelona e un dos xogadores habituais nas seleccións nacionais. Non o dubides e inscríbete ás Xornadas de Tecnificación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

(Álex Mazaira nun dos seus partidos coa Selección Española)