martes, 12 de mayo de 2015

O INFANTIL FEMININO "A" DO SEIS DO NADAL CLASIFICADO PARA A FASE DE ASCENSO Á LIGA 1ª DIVISIÓN

(O Infantil Feminino "A" que está disputando a Fase de Ascenso)

.

O equipo Infantil Feminino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia clasificouse para disputar a Fase de Ascenso á Liga Pizz Móvil 1ª División Infantil Feminina, despois de rematar no segundo posto do Grupo "E1" Vigo da Liga Pizza Móvil 2ª División Infantil Feminina.

.

O conxunto adestrado por Breixo Solla e Sabela Solla xa disputou dúas xornadas da Fase de Ascenso a 1ª División cun balance dunha vitoria ante Bosco Salesianos (Ourense) e unha derrota ante Cía María Vigo.

.

O Seis do Nadal "A" está encadrado no Grupo Sur desta Fase de Ascenso xunto ao Bosco Salesianos (Ourense), Cía María Vigo e Xuven (Cambados). A primeira praza deste grupo outorga unha praza na Liga Pizza Móvil 1ª División Infantil Feminina da próxima tempada 2015/2016.