sábado, 2 de mayo de 2015

O GIRALDO CB NOVO CAMPIÓN FEMININO DO 15º TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET

(O Giraldo CB campión feminino do 15º Torneo de Minibásquet 2015)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou o pasado venres día 1 de maio do 2015 a xornada feminina da 15ª Edición do Torneo Internacional de Minibásquet "Concello de Vigo" 2015, unha cita anual do noso club coas categorías inferiores que se celebra nas pistas do pavillón de Navia.

.

Despois dunha gran xornada de baloncesto alevín o Girlado CB (Vilagarcía de Arousa) proclamouse campión feminino do torneo despois de superar na final ao Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro. No partido polo terceiro e cuatro posto do torneo, o Pío XII (Santiago de Compostela) superou ao AD Cortegada (Vilagarcía de Arousa); e no encontro pola disputa da quinta posición venceu o Colexio Mariano (Vigo) ante o Carmelitas Ourense.

.

Tamén participaron no torneo de categoría feminina os equipos Seis do Nadal "B", Eduardo Blanco Amor (Ourense), Cía de María (Vigo), Marín Peixegalego, Colexio Salesianos (Vigo) e FC Porto (Portugal); completando así os doce combinados que competiron polo trofeo feminino desta edición.

.

(O Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro subcampión feminino do torneo)

.

Mañá, domingo 3 de maio do 2015, será o turno da xornada masculina do Torneo Internacional de Minibásquet "Concello de Vigo" 2015 desde as 10:30 horas da mañá no pavillón de Navia e ata as 19:00 horas que se disputará a final.

.

Os equipos que participarán na xornada masculina do torneo son ademais do Seis do Nadal "A", o Seis do Nadal "B" e un equipo da Liga LINCO CLASS; os conxuntos de Salesianos Vigo, Porriño Baloncesto Base, Carmelitas Ourense, Cía de María (Santiado de Compostela), Sigaltec BBC (Vilagarcía de Arousa), CB Allariz, Eduardo Blanco Amor (Ourense), Giraldo CB (Vilagarcía de Arousa) e FC Porto (Portugal).