martes, 26 de mayo de 2015

O CB SEIS DO NADAL PARTICIPOU NO VIII TORNEO BENXAMÍN BÁSQUET NA RÚA DO PORRIÑO BTO. BASE

(Os equipos benxamíns do club que participaron no torneo en O Porriño)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou no VIII Torneo Benxamín "Básket na Rúa" que organizou unha tempada máis o Porriño Bto. Base o pasado domingo día 17 de maio do 2015.

.

Os conxuntos da nosa entidade que participaron no torneo foron o combinado Benxamín Masculino "A", adestrado por David Augusto e Abraham Vieira; e un conxunto Benxamín Mixto, composto por xogadoras do grupo Benxamín Feminino e xogadores do Benxamín Masculino "B", e dirixido por Sandra Solano e Laura Abraira.

-.

A Praza do Concello e a Praza do Cristo da vila porriñesa foron o escenario, a partir das 10:00 horas da mañá, desta oitava edición do Torneo Benxamín do Porriño Baloncesto Base no que participaron doce equipos benxamíns.