miércoles, 22 de abril de 2015

O JÚNIOR FEMININO DO SEIS DO NADAL CLASIFICADO PARA A DISPUTA DA FASE DE ASCENSO Á 1ª DIVISIÓN

(O Júnior Feminino na Presentación Oficial da tempada 2014/2015)

.

O conxunto Júnior Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia clasificouse para disputar a Fase de Ascenso á Liga 1ª División Júnior Feminina, tras rematar na segunda praza do Grupo "E" Vigo da Liga 2ª División Júnior Feminina.

.

O combinado adestrado por Francisco Javier García e Susana Bravo comezará a Fase de Ascenso esta fin de semana ante o Blanco Amor V&Q (Ourense), partido que se disputará o domingo día 26 de abril do 2015 ás 12:00 h. no Colexio Seis do Nadal.

.

O Seis do Nadal - Coia está encadrado no Grupo Sur desta Fase de Ascenso xunto ao Blanco Amor V&Q (Ourense), Airexa (Nigrán) e Pío XII - Fedesa (Santiago de Compostela). A primeira praza deste grupo outorga unha praza na Liga 1ª División Júnior Feminina da próxima tempada 2015/2016.