lunes, 23 de febrero de 2015

O NÚMERO 27.685, VENDIDO POLO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA, GAÑADOR DA VIAXE AO CARIBE

.

Nun abarrotado pavillón de Navia tivo lugar o pasado domingo 22 de febreiro do 2015 o sorteo da viaxe ao Caribe para dúas persoas patrocinado por Viaxes Eroski a través das rifas que foron facilitadas pola Fundación VIDE.

.

O alcalde, Abel Caballero, acompañado de Manel Fernández, presidente da Fundación VIDE  e concelleiro de Deportes, o tamén edil Carlos López Font e Lara Pombal, representando a Viaxes Eroski, foron os encargados de extraer o boleto.

.

O boleto afortunado foi o número 27.685, vendido polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. A continuación extraéronse da urna tres números de reserva por se houbuse renuncia do gañador ou gañadora.

.

Todos aqueles e aquelas que participáchedes no sorteo con algún boleto revisade os vosos números e en caso de ter o boleto premiado, poñédevos en contacto co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia ou coa Fundación VIDE para desfrutar do premio.