jueves, 5 de diciembre de 2013

GAILA COMESAÑA E AÍDA GONZÁLEZ NO II TORNEO INTERFEDERACIÓNS COA PRESELECCIÓN GALEGA

(Gaila Comesaña e Aída González convocadas coa Preselección Galega)

.

A Preselección Galega Cadete Feminina da Federación Galega de Baloncesto participará esta fin de semana no II Torneo Interfederacións de categoría Cadete Feminina, competición organizada pola Federación Vasca na localidade de Zarautz como perfecto ensaio xeral previo ao inminente Campionato de España desta categoría do 3 ao 6 de xaneiro do 2014.

 

Nesta cita vasca, un total de once xogadoras da comunidade enfrontaranse aos combinados de Castela León, Madrid e coa propia selección anfitrioa, a selección de Euskadi. Os catro equipos completarán un calendario que permitirá medir forzas baixo o sistema de todos contra todos.

 

Galicia debutará o sábado 7 de decembro ante Euskadi ás 12:00 horas e cubrirá a tarde co enfrontamento ante Castela León ás 17:00 horas. Finalmente, pechará a súa participación ante Madrid ás 10:30 horas na xornada dominical.

 

Entre as once xogadores convocadas están presentes Gaila Comesaña e Aída González, xogadoras do equipo Cadete Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Jorge Martínez, Breixo Solla e Ignacio Sánchez.