lunes, 25 de noviembre de 2013

PRESENTACIÓN OFICIAL 2013/2014 DO BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA "30 ANOS DE HISTORIA"

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza, como cada ano nesta primeira parte da campaña, a Presentación Oficial da tempada 2013/2014, que neste curso coincide co 30º Aniversario da Agrupación Deportiva Seis do Nadal.

.

Nesta presentación oficial o club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a máis de 600 deportistas, aos que se lle suman os máis de 30 monitores e adestradores que conforman o corpo técnico da entidade.

.

A celebración da Presentación Oficial 2013/2014 terá lugar o próximo domingo día 1 de decembro do 2013 a partir das 18:00 horas no Pavillón Central de As Travesas.

.

No acto se presentarán aos 25 equipos federados, ao grupo de Baloncesto para Adultos, ás 10 escolas deportivas e ao corpo técnico do club que compoñen a estrutura actual da entidade. Este ano o acto de presentación tamén contará cos combinados do Club Balonmán Seis do Nadal - Coia, o grupo de ximnasia rítmica e moitas outras sorpresas como son a orquesta Weli Kings e o Escola de Gaiteiros O Fiadeiro.

.

Ademais presentarase oficialmente a tempada 2013/2014 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e da Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia no seu 30º Aniversario, a tódolos medios de comunicación e a toda a familia do deporte da canastra e da cidade de Vigo.

.

Desde tódolas seccións do Club Baloncesto Seis do Nadal invitamos a tódolos interesados a asistir a este acto e poder descubrir o elevado número de deportistas que forman parte da entidade, entidade que ano tras ano segue mellorando a súa estructura e crecendo apostando polo deporte base da nosa cidade, sendo unha das mellores canteiras actuais de Galicia.