martes, 19 de noviembre de 2013

O CURSO DE INICIACIÓN PARA ADESTRADORES/AS CHEGA A VIGO O PRÓXIMO MES DE DECEMBRO

.

A Delegación Viguesa de Baloncesto organizará un Curso de Iniciación dirixido a Adestradores e Adestradoras de Baloncesto os próximos días 1, 6, 7 e 8 de decembro, datas para impartir as clases teóricas a celebrar nas instalacións do Colexio Maristas.

.

Son un total de 35 horas lectivas de carácter presencial baixo a estrutura habitual de materias deseñada pola área deportiva da Federación Galega de Baloncesto. Tódolos detalles que determinan a programación concreta desta nova convocatoria pódense consultar pulsando aquí.

.

Os requisitos básicos que se requiren son: cumprir os 15 anos durante a tempada de realización do curso de iniciación e aboar previamente ao inicio do curso a cota de preinscrición (200 euros), que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación diplomas, documentación do curso e material didáctico.

.

Baixo estas premisas, tódolos interesados deberán remitir a súa solicitude de inscrición ata o próximo 27 de novembro a través da propia Delegación Viguesa de Baloncesto.