viernes, 4 de octubre de 2013

O C.BC. SEIS DO NADAL COIA VISITA AOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CEP CELSO EMILIO FERREIRO

(Alumnos/as de 4º de Educación Primaria no Torneo 3x3 Interclases)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou durante a primeira semana do mes de outubro a segunda edición do Torneo 3x3 Interclases no Colexio Celso Emilio Ferreiro coa colaboración da área de Educación Física de dito centro do barrio de Coia.

.

Os alumnos e alumnas das clases de cuarto, quinto e sexto de educación primaria do CEP Celso Emilio Ferreiro en Coia participaron na segunda edición do Torneo 3x3 Interclases co obxectivo de coñecer e achegarse á actividad do baloncesto, actividade que se desenvolve no centro os martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas.

.

(Nenos/as de 5º de Educación Primaria participantes no Torneo 3x3)

.

En cada clase os propios alumnos e alumnas, coa axuda e apoio do profesor de Educación Física, fixeron os equipos de xogo e se asignaron un nome. O nome dos equipos de cuarto de educación primaria foron: Patacas, Cebolas, Leitugas, Pou, Reforzo, España, Raios e Allos, sendo este último grupo o campión da xornada.

.

Os oito equipos que participaron na xornada de quinto de educación primaria foron Buldogs, Cobra, Mirla, Selección Española, Celta, Scarymovie, Galeones e Leóns, sendo o equipo de Scarymovie o equipo campión da xornada. En sexto de educación primaria participaron o Blandiblues, Raioslove, Tocacanastras, Demos, Startball, Cucaburras, Superdonut e Play-basket, vencendo o equipo Tocacanastras.

.

(Alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CEP Celso E. Ferreiro)

.

Máis de 100 nenos e nenas do CEP Celso Emilio Ferreiro participaron na segunda edición do Torneo 3x3 Interclases de promoción organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, iniciativa que achegou o baloncesto a tódolos alumnos e alumnas do centro vigués ademais de dar a coñecer tódalas normas de xogo e os fundamentos máis básicos de mans dun grupo de adestradaores e adestradoras da entidade de Coia.

 

Ademais neste inicio do novo curso escolar 2013/2014 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén visitou aos alumnos e alumnas de terceiro de educación primaria do CEP Celso Emilio Ferreiro, levando a cabo nas súas clases de Educación Física actividades e xogos de iniciación ao baloncesto.