lunes, 16 de septiembre de 2013

OS EQUIPOS ALEVÍNS "A" DO CLUB PARTICIPARON NO IV TORNEO "BÁSQUET NA RÚA" DE O PORRIÑO

.

(O Alevín Masculino "A" e o Alevín Feminino "A" na vila de O Porriño)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou no IV Torneo Alevín "Básket na Rúa" organizado polo Porriño Baloncesto Base o pasado sábado día 14 de setembro do 2013.

.

O Torneo Alevín "Básket na Rúa" 2013 estivo incluído no programa deportivo do Concello de O Porriño para as Festas do Cristo 2013 e estivo inspirado nas anteriores edicións do Torneo Benxamín "Básket na Rúa", tamén nas tres primeiras edicións de categoría alevín celebradas as pasadas tempadas.

.

Os equipos do club que participaron no torneo foron o Alevín Masculino "A", dirixido por David Rodríguez; e o conxunto Alevín Feminino "A", que participaou neste torneo adestrado por Silvia Caíño.

-.

A Praza do Concello e a Praza do Cristo da vila porriñesa
foron o escenario, a partir das 10:00 horas da mañá, desta cuarta edición do Torneo Alevín do Porriño Baloncesto Base no que participaron 11 equipos de categoría alevín da Delegación Viguesa de Baloncesto.

 

(O Alevín Feminino "A" proclamouse campión do torneo "Básquet na Rúa")

-.

O equipo Alevín Masculino "A" xogou no Grupo Masculino xunto ao Porriño Balocnesto Base AMA, Porriño Baloncesto Base AMB, Salesianos de Vigo Masculino e CB Tui. O equipo Alevín Feminino "A" competiu no Grupo C xunto a Porriño Baloncesto Base AFA e Airexa Nigrán.

-.

Os resultados dos partidos do IV Torneo Alevín "Básket na Rúa" organizado polo Porriño Baloncesto Base foron:

-.