sábado, 21 de septiembre de 2013

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA PARTICIPA NAS COPAS GALICIA 13/14 DE CATEGORÍA MINIBÁSQUET

.

Esta fin de semana dos días 21 e 22 de setembro do 2013 os equipos Alevín Masculino "A" e Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia disputan a segunda xornada das Copas Galicia de Minibásquet 2013/14 despois de disputar a pasada semana a primeira das xornadas.

.

O equipo Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal, adestrado por David Rodríguez, compite no Grupo Sur da Copa Galicia Mini Masculina 13/14 xunto a Esudiantes Pontevedra "A", PBB "A" (O Porriño) e CB Tui Seta "A".

.

.

O equipo Alevín Feminino "A", Seis do Nadal "A", dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, participa na Copa Galicia Mini Feminina encadrado no Grupo Sur xunto aos equipos de La Academia Celta (Vigo), Carmelitas Ourense e PBB "A" (O Porriño).

.