viernes, 16 de agosto de 2013

DIEGO MONTENEGRO E BORJA MARTÍNEZ AO MANDO DO EQUIPO CADETE MASCULINO "C" DO CLUB

.

O equipo Cadete Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2013/2014 que competirá na Liga 2ª División Cadete Masculina da Federación Galega de Baloncesto estará adestrado e dirixido por Diego Montenegro e Borja Martínez.

.

Diego Montenegro adestrará ao conxunto Cadete Masculino "C" do club na tempada que cumprirá a súa sexta tempada como membro do corpo técnico. O equipo estará formado por xogadores que vivirán o seu primeiro ano na categoría cadete e que proceden do Infantil Masculino "A" e Infantil Masculino "B" da pasada campaña.

.

Borja Martínez será o novo adestrador axudante do Cadete Masculino "C" na que será a súa xa quinta campaña como técnico da entidade, tempada na que tamén forma parte do grupo de adestradores do combinado Infantil Masculino "A".

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Cadete Masculino "C" comezará os adestramentos de pretempada o próximo luns 19 de agosto ás 17:30 horas no Colexio Seis do Nadal.