miércoles, 31 de julio de 2013

PABLO SÁNCHEZ CONTINUARÁ COMO PREPARADOR FÍSICO DO SEIS DO NADAL NA TEMPADA 2013/2014

....

.

Pablo Sánchez continuará como Preparador Físico do Club Baloncesto Seis do Nadal a próxima tempada 2013/2014. Esta figura naceu na estrutura do noso club fai cinco campañas (na tempada 2008/09) ao analizar a necesidade e a importancia da adquisición duns hábitos mínimos de traballo relacionados coa preparación física por parte de tódolos xogadores e xogadoras da entidade.

.

O obexctivo principal do traballo de Preparación Física, levado a cabo baixo a programación e supervisión de Pablo Sánchez, é crear desde as categorías inferiores unha base física, motriz e psíquica, e universal e multifacética. Búscase proporcionar a tódolos rapaces e rapazas das categorías inferiores do club unha ampla e variada cantidade de experiencias a nivel físico, a nivel motriz e a nivel psíquico.

.

Pablo Sánchez, que nesta nova tempada 2013/2014 volverá a compaxinar a súa labor de Preparador Físico coas funcións de adestrador axudante, buscará ao igual que na campaña pasada fomentar a formación constante de tódolos técnicos e adestradoras do corpo técnico do club na área de Preparación Física, área de gran importancia na nosa práctica deportiva.