martes, 23 de julio de 2013

O INFANTIL FEMININO "A" DO CLUB EQUIPO CAMPIÓN DO VII TORNEO INTERNACIONAL O FAROL DE LEÇA

.

(O Infantil Feminino "A" do club co trofeo de campioas do torneo)

.

O equipo Infantil Feminino "A", Seis do Nadal- Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Aalí Mohamed, Silvia Caíño e Jorge Martínez, proclamouse equipo campión do Sétimo Torneo Internacional O Farol 2013 organizado polo Grupo Desportivo Básquet de Leça e que tivo lugar os pasados días 28, 29 e 30 de xuño do 2013 no Pavillón Municipal de Leça de Palmeira.

.

Os combinados femininos que participaron xunto ao equipo Infantil Feminino "A", Seis do Nadal - Coia, na modalidade feminina do torneo foron o Grupo Desportivo Básquet de Leça, G.D.B. Gafanha, C.P.N. Basquetebol, Selección Distrital de Porto e A.D. Sanjoanense.

.

O Seis do Nadal - Coia ademais de ser o equipo feminino campión do VII Torneo Internacional O Farol 2013, tamén contou coa presenza de dúas das súas integrantes, Aída González e Gaila Comesaña, no cinco ideal do evento.

.

Os resultados dos partidos e a clasificación final do VII Torneo Internacional O Farol orgainzado polo Básquet de Leça foron os seguintes:

.

.

Máis fotos do VII Torneo Internacional O Farol

.

.

.

.