viernes, 5 de julio de 2013

O BENXAMÍN MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL - COIA 3º CLASIFICADO DA LIGA ZONAL DE VIGO 2012/2013

(O Benxamín Masculino "A", campión da Copa Primavera 2012/13)

.

BENXAMÍN MASCULINO "A"

.

3º CLASIFICADO LIGA DE VIGO

.

O Benxamín Masculino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Andrés Álvarez, rematou na terceira posición da Liga Zonal de Vigo 12/13 de categoría benxamín masculina organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O benxamín Seis do Nadal "A" competiu na primeira fase de grupos no Grupo "B" de Vigo e despois dos nove encontros disputados finalizou na primeira posición cun pleno de vitorias en todos os seus partidos. A clasificación do Grupo B foi:

.

(Clasificación final do Grupo B da Liga Zonal Vigo Premini Masculina)

.

Os equipos clasificado na 1ª, 2ª e 3ª posición do Grupo "B" (Seis do Nadal "A", Colexio Apóstol e Salesianos Vigo BMA) clasificáronse para a disputa do 1º ao 6º posto na segunda fase da Liga, xunto aos conxuntos clasificados nas mesmas posicións do Grupo "A" (Maristas "A", Compañía de María e CB Baiona). Despois dos dez encontros disputados nesta segunda fase o Seis do Nadal "A" rematou na terceira posición do grupo con cinco vitorias e cinco derrotas, converténdose así no terceiro clasificado da Liga Zonal Premini Masculina.

.

(Clasificación final da Segunda Fase da Liga de Vigo do 1º ao 6º posto)

.

O equipo Benxamín Masculino "A" do club participou na Copa Primavera Vigo 2012/13 de categoría benxamín masculina e estivo encadrado no Grupo 1 xunto a Porriño Baloncesto Base Masc., Salesianos Vigo BMA e Colexio Mariano Masc. O Seis do Nadal "A" rematou na primeira posición do Grupo 1, sendo a clasificación final do grupo a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo 1 da Copa Primavera Benxamín Masculina)

 

O primeiro equipo clasificado do Grupo 1, o Seis do Nadal "A"; disputou a final da Copa Primavera Vigo ante o primeiro clasificado do Grupo 2, o CB Baiona (Mixto). No partido de ida, disputado no Colexio Seis do Nadal, o equipo Seis do Nadal "A" impuxose ao CB Baiona (Mixot) por 57-40, resultado que foi reforzado no partido de volta en Baiona que rematou con vitoria para o equipo do Seis do Nadal (37-49). Deste xeito o combinado Benxamín Masculino "A" proclamouse campión da Copa Primavera Vigo da tempada 2012/2013.